Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 1 de outubro de 2015 Páx. 38414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2015/220-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Zara España, S.A.

Domicilio social: avenida da Deputación, s/n. Edif. Inditex, 15142 Arteixo.

Denominación: LMTS, CS e CT de 800 kVA para edificio uso comercial.

Situación: rúa Compostela, 3-5, A Coruña.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea, co inicio na liña de compañía coa matrícula EPU710 nas proximidades do centro de seccionamento, de compañía, coa matrícula 15CTA0, condutor RHZ1 2OL, 12/20 kV 3×(1×240 mm2), Al, lonxitude 15+15m (entrada e saída), e remate no centro de seccionamento proxectado.

– Centro de seccionamento de tipo interior. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interruptores-seccionadores (24 kV, 400 A, 16 kV).

– Liña de media tensión subterránea, co inicio no centro de seccionamento, condutor RHZ1 2OL, 12/20 kV 3×(1×95 mm2), Al, lonxitude 2 m, e remate no centro de transformación proxectado.

– Centro de transformación de tipo interior anexo ao CS con celas prefabricadas de seccionamento, protección e medida (24 kV, 400 A, 16 kV) e transformador de 800 kVA, relación 15 kV/420 V, refrixeración natural seco.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 10 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña