Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 30 de setembro de 2015 Páx. 38277

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (887/2011).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 887/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Jiménez Díaz contra CTV, S.A., Uno TV, S.L., Dub Digital Audio, S.L., Cinemar Films, S.L., Editorial Compostela, S.A., Compañía de Radio Televisión de Galicia, S.A., Filmanova, S.L., Studio XXI Producciones, S.L., Sodinor, S.A., Area 5.1 Factoría Audiovisual, S.L., Bren Entertainment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A., Dobleson, S.L., Televisión de Galicia, S.A., Video Galicia, S.A., se ditou a seguinte resolución, que expresa:

«Que estimando parcialmente a demanda interposta por Carlos Jiménez Díaz contra Televisión de Galicia, S.A.; Radio Televisión de Galicia, S.A., Editorial Compostela, S.A.; Studio XXI Producciones, S.L.; Sodinor, S.A.; CTV, S.A.; Área 51 Factoría Audiovisual, S.L.; Filmanova, S.L.; Uno TV, S.L.; Dub Digital Audio, S.L.; Cinemar Films, S.L.; Bren Entertaiment, S.A.; Sonorización Noroeste, S.A.; Estudio Uno de Doblaje, S.A.; Intereuropa TV, S.A.; Video Galicia, S.A.; Best Digital, S.A.; Voces Meigas, S.A. e Dobleson, S.L., debo condenar e condeno a Televisión de Galicia, S.A. a lle aboar ao demandante a suma de 1.716,86 euros en concepto de diferenzas salariais e complemento de capacitación e permanencia, correspondentes aos meses de novembro e decembro de 2010, máis os xuros do artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución ata o completo pagamento.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sodinor, S.A. e Cinemar Films, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2015

A secretaria xudicial