Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 30 de setembro de 2015 Páx. 38244

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2015 pola que se comunica a relación provisional de produtores incluídos no réxime simplificado para pequenos agricultores.

O artigo 33 do Real decreto 1076/2014, do 19 de decembro, sobre asignación de dereitos de réxime de pagamento básico da política agrícola común, establece o procedemento para o cálculo provisional estimatorio dos solicitantes de axudas de pagamentos directos da campaña 2015 que serán asignados ao réxime simplificado para pequenos agricultores.

A relación de solicitantes de axuda que serán integrados no dito réxime simplificado para pequenos agricultores pode consultarse na sede electrónica do Fondo Galego de Garantía Agraria: http://mediorural.xunta.es/fogga/ . A información relativa aos importes estimados pode consultarse na sede electrónica do Fondo Español de Garantía Agraria: www.fega.es .

Os interesados que non queiran participar no réxime de pequenos agricultores deberán notificar a súa decisión de renuncia á Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria antes do 15 de outubro de 2015.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria