Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 30 de setembro de 2015 Páx. 38240

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2015 pola que se conceden as axudas da Orde do 7 de maio de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2015.

A Orde do 7 de maio de 2015 (DOG do 11 de maio) estableceu as bases e convocou, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema universitario de Galicia para 2015.

Finalizada a tramitación establecida na convocatoria, de acordo co establecido no artigo 9 da orde de convocatoria, e atendendo á proposta de resolución elevada polo órgano instrutor a través da Secretaría Xeral de Universidades, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Concederlles ás universidades do Sistema universitario de Galicia as axudas que a seguir se relacionan (con indicación da persoa coordinadora do grupo destinatario) para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema universitario de Galicia para o ano 2015, en réxime de concorrencia competitiva e na contía que se indica en cada caso.

Modalidade de grupos de referencia competitiva:

Nº expediente

Nome

Apelidos

Univ.

2015

2016

2017

2018

Total

GRC2015/008

María Jesús

Aira Rodríguez

USC

48.500

80.000

80.000

70.000

278.500

GRC2015/014

Coral

Del Río Otero

UVIGO

48.000

50.000

50.000

50.000

198.000

GRC2015/003

Pablo

Díez Baños

USC

48.500

80.000

80.000

70.000

278.500

GRC2105/021

Patricia

Faraldo Cabana

UDC

48.000

50.000

50.000

50.000

198.000

GRC2015/006

Isabel

Fraga Carou

USC

48.000

50.000

50.000

50.000

198.000

GRC2015/020

Soledad

García Gil

UVIGO

48.500

80.000

80.000

70.000

278.500

GRC2015/018

Antonio

García Pino

UVIGO

49.000

125.000

125.000

100.000

399.000

GRC2015/002

Laura María

Lojo Rodríguez

USC

48.500

80.000

80.000

70.000

278.500

GRC2015/017

Ricardo Antonio

Mosquera Castro

UVIGO

48.000

50.000

50.000

50.000

198.000

GRC2015/004

Juan José

Nieto Roig

USC

48.000

50.000

50.000

50.000

198.000

GRC2015/012

Manuel Joaquín

Reigosa Roger

UVIGO

48.500

80.000

80.000

70.000

278.500

GRC2015/011

Antonio

Rigueiro Rodríguez

USC

49.000

125.000

125.000

100.000

399.000

GRC2015/007

Ángel

Ruiz Pérez

USC

48.000

50.000

50.000

50.000

198.000

GRC2015/019

María

Vera Isasa

UVIGO

49.000

125.000

125.000

100.000

399.000

GRC2015/009

José

Vila Abad

USC

48.500

80.000

80.000

70.000

278.500

GRC2015/016

José Antonio

Vilán Vilán

UVIGO

49.000

125.000

125.000

100.000

399.000

Modalidade de grupos con potencial de crecemento:

Expediente

Nome

Apelidos

Univ.

2015

2016

2017

Total

GPC2015/025

Rodolfo

Barreiro Lozano

UDC

17.500

35.000

17.500

70.000

GPC2015/010

Andrés

Baselga Fraga

USC

17.500

35.000

17.500

70.000

GPC2015/027

José Manuel

Busto Lago

UDC

17.500

35.000

17.500

70.000

GPC2015/024

Aurora

Grandal d´Anglade

UDC

17.500

35.000

17.500

70.000

GPC2015/022

José Antonio

Lamas Castro

UVIGO

17.500

35.000

17.500

70.000

GPC2015/008

Jacobo

Limeres Posse

USC

17.500

35.000

17.500

70.000

GPC2015/011

Ramón

Máiz Suárez

USC

17.500

35.000

17.500

70.000

GPC2015/006

Xosé María

Masa Vázquez

USC

17.500

35.000

17.500

70.000

GPC2015/019

Humberto

Michinel Álvarez

UVIGO

17.500

35.000

17.500

70.000

GPC2015/007

Víctor

Mosquera Tallón

USC

17.500

35.000

17.500

70.000

GPC2015/004

Ignacio Miguel

Palacios Martínez

USC

17.500

35.000

17.500

70.000

GPC2015/014

Alberto

Pérez Muñuzuri

USC

17.500

35.000

17.500

70.000

GPC2015/028

José Ignacio

Pérez Pascual

UDC

17.500

35.000

17.500

70.000

GPC2015/034

Mª Isabel

Quiroga Berdeal

USC

17.500

35.000

17.500

70.000

GPC2015/009

Estrella

Romero Triñanes

USC

17.500

35.000

17.500

70.000

GPC2015/015

Enrique María

Valero Gutiérrez del Olmo

UVIGO

17.500

35.000

17.500

70.000

GPC2015/026

Antonio

Valle Arias

UDC

17.500

35.000

17.500

70.000

GPC2015/012

Jesús

Varela Mallou

USC

17.500

35.000

17.500

70.000

Segundo. As solicitudes non incluídas na resolución de concesión entenderanse denegadas ou desestimadas.

Terceiro. En todas as modalidades de axuda, a subvención será librada á universidade solicitante a que pertenza o grupo de investigación, conforme a resolución de concesión e de acordo coa normativa vixente.

As axudas para grupos de referencia competitiva terán como data de inicio o 1 de xaneiro de 2015 e como data límite de finalización o 30 de novembro de 2018, polo que se admitirán gastos e pagamentos dese período.

As axudas para grupos con potencial de crecemento terán, con carácter xeral, como data de inicio o 1 de xaneiro de 2015 e como data límite de finalización o 30 de novembro de 2017, polo que se admitirán gastos e pagamentos dese período.

Para poder proceder ao libramento dos fondos será preciso que a universidade beneficiaria expida, na data límite do 30 de novembro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, a certificación expresiva da realización do gasto e do pagamento acompañada dunha memoria explicativa do logro dos obxectivos de consolidación e estruturación do grupo. Esta memoria explicativa irá asinada polo coordinador do grupo de investigación, unha certificación das variacións da composición do grupo durante a anualidade que xustifica e un informe de auditor inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que se deberá manifestar sobre os conceptos, período de realización e pagamentos dos gastos presentados nesa anualidade.

Para poder facer o pagamento da subvención, de conformidade co artigo 31.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de conformidade co establecido no artigo 11.e) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, a obriga de presentar a certificación do cumprimento de obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma, coa Administración do Estado e coa Seguridade Social será substituída por unha declaración responsable de cada universidade de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado perante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Para efectuar o último pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

Cuarto. O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a axuda correspondente.

Quinto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria