Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 30 de setembro de 2015 Páx. 38308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2015/161-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Comunidade de propietarios da avenida Madrid 197-interior.

Domicilio social: avenida de Madrid, 196 interior, 36214 Vigo.

Denominación: LMTS, CT avenida de Madrid 197.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ1 de 596 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTS SDM7100279 unha vez que entre e saia do CT proxectado. Centro de transformación de 630 kVA, RT 15 kV/400-230 V, situado na avenida de Madrid 197 interior, Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 14 de setembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra