Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 30 de setembro de 2015 Páx. 38309

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2015 pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, por procedemento aberto, da subministración sucesiva e por prezo unitario de material informático non inventariable (servizos centrais, xefaturas territoriais e Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia) (expediente 04/2015 SXT).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Economía e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 981 54 55 22 e 981 54 55 23.

5º. Telefax: 981 54 49 49.

6º. Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: economiaeindustria.xunta.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 04/2015 SXT.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva e por prezo unitario do material informático non inventariable definido no prego de prescricións técnicas (PPT) para a Consellería de Economía e Industria (servizos centrais, xefaturas territoriais e Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si, 2 lotes.

Lote 1: subministración sucesiva e por prezo unitario de material informático non inventariable para os servizos centrais da consellería.

Lote 2: subministración sucesiva e por prezo unitario de material informático non inventariable para as súas xefaturas territoriais e para o Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia situado no Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas (Ourense).

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: será para os dous lotes dun ano, que se contará desde o día seguinte ao da sinatura do correspondente contrato.

f) Admisión de prórroga: si, ata un máximo de seis meses.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 30237300-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: 105.697,09 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Lote 1: importe neto: 39.458,13 euros. Importe total: 47.744,34 euros.

b) Lote 2: importe neto: 26.602,55 euros. Importe total: 32.189,09 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5 % do orzamento base de licitación do lote ou lotes do/dos que resulte/n adxudicatario/s, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (se é o caso): deberán acreditarse nos termos especificados nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais, que se contarán desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Modalidade de presentación: segundo o disposto na cláusula R da folla de especificacións e na cláusula 6, ambas do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@xunta.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP) aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

9. Apertura de ofertas (sobres A e B):

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa pola mesa de contratación.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación económica e técnica relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: indicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura dos sobres B.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación no DOG. O prezo da publicación será de 10,82 euros por liña. O adxudicatario do lote 1 asumirá o 59,73 % dos gastos de publicidade e o adxudicatario do lote 2 o 40,27 %.

11. Outras informacións:

Para os efectos de comprobar o estrito cumprimento dos pagamentos que o contratista adxudicatario debe facer aos posibles subcontratistas, o contratista remitiralle ao órgano de contratación, no caso de que llo solicite, a documentación citada na cláusula 18 do PCAP. As obrigas, tanto de presentar a dita documentación como a do cumprimento dos prazos de pagamento a/aos subcontratista/s, consideraranse condicións esenciais de execución e o seu incumprimento dará lugar á aplicación das penalidades establecidas na cláusula 13.3.b) do PCAP.

Poden obterse os pregos na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23414

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2015

P.D. (Orde do 10.12.2014; DOG núm. 3, do 7.1.2015) e
P.A. (Artigo 6.p) do Decreto 110/2013, do 4 de xullo; DOG núm. 140)
José A. Marnotes González
Vicesecretario xeral da Consellería de Economía e Industria