Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 30 de setembro de 2015 Páx. 38306

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilarmaior (expediente IN407A 2015/196-1).

Número de expediente: IN407A 2015/196-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: adecuación LMT PED-710 e CT Nogueirido (15CM17).

Concello: Vilarmaior.

Características técnicas:

Substitución tramo liña de media tensión aérea PED-710, a 15 kV, cunha lonxitude de 87 m, con orixe en apoio metálico existente da LMTA PED-710-EUME, condutor tipo LA-56 mm2 Al, e final en apoio de formigón proxectado, onde se instalará o novo CT intemperie Nogueirido.

Novo centro de transformación intemperie Nogueirido, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro de 2013).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro de 2000).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 3 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña