Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 30 de setembro de 2015 Páx. 38303

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Pontedeume (expediente IN407A 2015/194-1).

Expediente: IN407A 2015/194-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT PED-705 Boebre

Concello: Pontedeume

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión aérea PED-705, entre apoios nº 80/14 e nº 80/29, a 15 kV, cunha lonxitude de 1,143 km, con orixe en apoio nº 88/14 existente da LMT PED-705, onde se realiza o paso aéreo a soterrado da LMT a CT Boebre-Sisto (expediente 133/04), condutor tipo LA-56 mm2, e final no apoio nº 80/29 existente da LMT PED-705, no tramo entre a derivada ao CT Camoucelo Boebre (expediente 63/03) e a derivada ao CT Curío (expediente 26349).

– Liña eléctrica de media tensión aérea PED-705, derivada a CT Boebre-Parga, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,081 km, con orixe en apoio nº 80/19 proxectado que substitúe o existente da LMT PED-705, onde se realiza o entroncamento da derivada a CT Boebre-Parga (expediente 266/98), condutor tipo LA-56 mm2 (existente), e final no apoio nº 80/19/1 existente da LMT PED-705, primeiro apoio da derivada a CT Boebre-Parga (expediente 266/98).

– Liña eléctrica de media tensión aérea PED-705, derivada a CT Camoucelo-Boebre, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,008 km, con orixe en apoio nº 80/24 proxectado que substitúe o existente da LMT PED-705, onde se realiza o entroncamento da derivada a CT Camoucelo-Boebre (expediente 63/03), condutor tipo LA-56 mm2, e final no apoio nº 80/24/1 existente da LMT PED-705, primeiro apoio da derivada a CT Camoucelo Boebre (expediente 63/03).

Lexislación de aplicación:

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e desta maneira dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 1 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/194-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT PED-705 Boebre.

Concello: Pontedeume.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Nº de predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

Afeccións

Nº m2

ml aéreo

ml sub.

m2 aéreo

m2 sub.

1

Barrote

Prado

José Manuel Vila Casás

80/17

2.0

3/1

A Cruz

Prado

José Infante Vázquez

½ 80/20

1.0