Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 29 de setembro de 2015 Páx. 38163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo suxeito á regulación harmonizada para a adquisición e instalación de equipamento para a actualización do sistema de comunicacións telefónicas do novo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE 112 Galicia), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22659

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.15.SU.035.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: a adquisición dos elementos hardware e software descritos no PPT para a actualización da centraliña telefónica que pasará a formar parte do centro de respaldo do CIAE 112 Galicia da Estrada.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 32545000-5.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE 2015/S 093-166904, do 15.5.2015; BOE nº 121, do 21.5.2015 e DOG nº 93, do 20.5.2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: documentalmente simplificada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto atendendo a varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 287.603,30 €; importe total: 348.000,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 4 de agosto de 2015.

b) Data de formalización: 24 de agosto de 2015.

c) Adxudicatario: R Cable y Telecomunicaciones de Galicia, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 242.928,94 €; importe total: 293.944,02 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2015

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias