Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 29 de setembro de 2015 Páx. 38161

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo suxeito á regulación harmonizada para a adquisición de material operativo de prevención e loita contra a contaminación do ambiente con destino ao novo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE 112 Galicia), cofinanciado nun 80 % polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53, actuación 15.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22582

Tamén terase acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.15.SU.037.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: a subministración do equipamento de material operativo para as tarefas de prevención e loita contra a contaminación do ambiente por derramas de hidrocarburos e produtos químicos en auga ou en terra, mobilizado polo Grupo de Apoio Loxístico á Intervención das Emerxencias baixo a coordinación do CIAE 112 Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 907.20.000.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE 2015/S 086-155112, do 5 de maio de 2015; BOE núm. 113, do 12 de maio e DOG núm. 86, do 8 de maio.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: documentalmente simplificada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto; atende varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 462.809,91 €; importe total: 560.000,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 4 de agosto de 2015.

b) Data de formalización: 24 de agosto de 2015.

c) Adxudicataria: Senger Técnicas de Seguridad, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 349.900,00 €; importe total: 423.379,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2015

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias