Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 29 de setembro de 2015 Páx. 38165

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo para a subministración e a instalación do equipamento para a sincronización de datos entre o centro de apoio e o novo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE 112 Galicia), cofinanciado nun 80 % polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53, actuación 15.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22818

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.15.SU.042.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición: adquisición do equipamento para despregar e configurar un contorno de replicación do sistema de almacenamento existente no Edificio CIAE 112 Galicia, sito na Estrada, co fin de permitir a utilización de esquemas de replicación de datos síncrona ou asíncrona.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: documentalmente simplificada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 198.000,00 € ; importe total: 239.580,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 5 de agosto de 2015.

b) Data de formalización: 10 de agosto 2015.

c) Adxudicataria: Coremain, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 195.000,00 €; importe total: 235.950,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2015

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias