Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 29 de setembro de 2015 Páx. 38169

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 22 de setembro de 2015, da Delegación de Lugo, polo que se comunica a realización da poxa pública de varios bens e dereitos.

O día 15 de outubro de 2015, ás 10.00 horas, na sala de xuntas do Edificio Administrativo da Xunta de Lugo (sito na rolda da Muralla, 70), terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a seguir:

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

Lote 1.1

Predio 14.229. Tomo 705, libro 111, folio 88. Praza de garaxe, sita na planta de soto do edificio da rúa Nova, 6, na vila de Taboada. Titularidade: Mª Luz López Vázquez, 1/37 de pleno dominio por título de compravenda.

5.461,12 €

1.001,76

4.459,36

200,00

Lote 1.2

Predio 14.250. Tomo 646, libro 103, folio 221. Urbana. Vivenda, piso 4º B, sito no edificio da rúa Nova, 6, na vila de Taboada. Ocupa a superficie útil de oitenta e nove metros e trece decímetros cadrados. Ref. catastral 1105810 PH 0310 N 0022 EL. Titularidade: Mª Luz López Vázquez, 100 % do pleno dominio por título de compravenda.

56.472,77 €

19.392,17

37.080,60

500,00

Lote 2.Único

Predio 25.781. Tomo 493, libro 231, folio 111. Rústica. Costa Marela, destinada a monte e sita en Santaballa, municipio de Vilalba. Ocupa a superficie de setenta e cinco áreas e vinte e nove centiáreas. Ref. catastral 27065 C 009008520000 WJ. Titularidade: José Antonio Ferreiro Crespo, 100 % do pleno dominio con carácter privativo, por título de concentración parcelaria.

3.878,94 €

Sen cargas

3.878,94

200,00

Lote 3.Único

Predio 4669. Tomo 299, libro 28, folio 144. Vivenda rural, construída en Couto, lugar Campo da Feira en Momán, municipio de Xermade. Consta de planta baixa, alta e baixo cuberta. Ocupa a superficie construída sobre o soar que se asenta de seiscentos oito metros e vinte e tres decímetros cadrados, e a superficie total construída é de mil douscentos vinte e sete metros e setenta e un decímetros cadrados. Ref. catastral 2583205 NH 9928 S 0001 DZ. Titularidade: Verónica Fernández Fernández, 100 % do pleno dominio con carácter ganancial por título de compravenda e obra nova rematada.

499.170,37 €

385.148,69

114.021,68

500,00

Lote 4.Único

Predio 10.559. Tomo 762, libro 197, folio 47. Rústica. Penarrubia, na parroquia de Vilaronte, municipio de Foz. Destinada a secaño e que ocupa a superficie de setenta e seis áreas e corenta centiáreas. Ref. catastral 27019 B 004001630000 XO. Titularidade: Dodolino Bouso Vidal, pleno dominio con carácter privativo, por título de compravenda.

241.472,44 €

24.363,75

217.108,69

500,00

Lote 5.Único

Predio 118.050. Tomo 1817, libro 1378, folio 116. Rústica. Terreo coñecido como Leira Grande de Lamaboa, sito na parroquia de San Xoán de Tirimol no concello de Lugo. Dedicada a labradío na superficie de catro áreas e setenta e unha centiáreas e a pradaría a superficie de trinta e unha áreas e cincuenta centiáreas. Ref. catastral: 27900 A 070000020000 EJ. No devandito terreo constrúese unha casa identificada no barrio de Tirimol-Seivane, 25 que ocupa un soar de cento dez metros cadrados e consta de semisoto, planta baixa e baixo cuberta. A superficie total construída é de douscentos noventa e cinco metros cadrados. Consta un expediente de reposición da legalidade urbanística, cuxa resolución indica a demolición da vivenda existente. Ref. catastral: 27900A070000020001RK. Titularidade: Antonio Alonso Teruel, pleno dominio con carácter ganancial, por título de achega e obra nova á sociedade de gananciais.

1.675,00 €

Sen cargas

1.675,00 €

100,00

Lote 6.Único

Predio 22.007. Tomo 636, libro 238, folio 99. Urbana. Vivenda-Rocho sito na rúa Coruña, 32, 4º esq. da vila de Monforte de Lemos. Ten unha superficie útil de corenta metros cadrados. Ref. catastral: 2997075 PH 2029 N 0010 GG. Titularidade: Ana Belén Roca González, 100 % pleno dominio con carácter privativo, por título de compravenda.

4.314,00 €

Sen cargas

4.314,00

200,00

Lote 7.1

Predio 26235. Tomo 778, libro 205, folio 165. Urbana. Local número 1, destinado a prazas de garaxe e rochos na planta soto do edificio da rúa Pintor Laxeiro e avda. de Xove, no municipio de Foz. Ten unha superficie útil de oitocentos setenta e dous metros e cincuenta e tres decímetros cadrados. Titularidade: Viviendas Promar, S.L., 22/96 avas partes do pleno dominio, por título de división horizontal.

62.774,30 €

17.907,04

44.867,26

300,00

Lote 7.2

Predio 26236. Tomo 863, libro 247, folio 9. Urbana. Local comercial sinalado co número 1 sito no edificio da rúa Pintor Laxeiro e avda. de Xove, portal 1, baixo, da vila de Foz. Ten unha superficie útil de cento dezaoito metros e vinte e oito decímetros cadrados. Titularidade: Viviendas Promar, S.L., 100 % pleno dominio, por título de división horizontal.

40.859,83 €

214.830,75

20.919,99

300,00

Lote 7.3

Predio 26237. Tomo 778, libro 205, folio 167. Urbana. Local comercial sito na rúa Pintor Laxeiro e avda. de Xove, portal 1, baixo, da vila de Foz. Ten unha superficie útil de douscentos trinta e seis metros e oitenta e oito decímetros cadrados. Titularidade: Viviendas Promar, S.L., 100 % pleno dominio, por título de división horizontal.

81.830,20 €

214.830,75

20.919,99

300,00

Lote 7.4

Predio 26238. Tomo 778, libro 205, folio 168. Urbana. Local comercial sito na rúa Pintor Laxeiro e avda. de Xove, portal 2, da vila de Foz. Ten unha superficie útil de catrocentos un metros e corenta decímetros cadrados. Titularidade: Viviendas Promar, S.L., 100 % pleno dominio, por título de división horizontal.

138.663,63 €

214.830,75

20.919,99

300,00

Lote 7.5

Predio 26242. Tomo 778, libro 205, folio 172. Urbana. Vivenda sita na rúa Pintor Laxeiro e avda. de Xove, portal 1, 1º D da vila de Foz. Ten unha superficie útil de oitenta e dous metros e un decímetro cadrados. Titularidade: Viviendas Promar, S.L., 100 % pleno dominio, por título de división horizontal.

73.963,88 €

214.830,75

20.919,99

300,00

Lote 7.6

Predio 29.949. Tomo 872, libro 253, folio 33. Urbana. Vivenda sita no edificio da r/ Miguel de Cervantes, 3-4º A da vila de Foz. Ten unha superficie útil de oitenta e un metros e cincuenta e cinco decímetros cadrados e ten a casa de paredes medianeiras un tendedeiro dun metro e cincuenta e sete decímetros cadrados. Como anexo, un rocho sinalado co número 2 na planta soto do edificio, cunha superficie útil de oito metros e trinta decímetros cadrados. Titularidade: Viviendas Promar, S.L., 100 % pleno dominio, por título de obra nova.

85.500,56 €

344.937,10

20.919,99

300,00

Lote 8.1

Predio 15.994. Tomo 915, libro 280, folio 146. Urbana. Local situado na planta de soto do edificio sito onde chaman Rego de Foz, na vila de Foz, cunha superficie aproximada de cen metros cadrados, no que se sitúan diversos rochos e corredor de acceso a estes. Titularidade: Remedios Villalba Geada, 100 % do usufruto vitalicio conxunto e sucesivo de 3/27 avas partes indivisas.

1.925,56 €

1.193,84

731,72

100,00

Lote 8.2

Predio 15.997. Tomo 915, libro 280, folio 145. Urbana. Local situado na primeira planta do edificio sito onde chaman Rego de Foz, na vila de Foz, destinado a vivenda e cunha superficie aproximada de cen metros cadrados. Titularidade: Remedios Villalba Geada, 100 % do usufruto vitalicio conxunto e sucesivo.

103.188,00 €

63.976,56

39.211,44

300,00

Lote 8.3

Predio 19.006. Tomo 575, libro 133, folio 196. Urbana. Soar, na rúa Camino del Pilar, Calvario na vila de Foz. Ocupa a superficie de oitocentos oitenta e tres metros cadrados. Ref. catastral 0455003 PJ 4205 N 0001 SB. Sobre este terreo construíuse a seguinte edificación: vivenda unifamiliar illada, composta de planta soto, planta baixa, planta primeira e baixo cuberta. Ocupa dentro do soar unha superficie de douscentos vinte e cinco metros e vinte decímetros cadrados. Titularidade: Remedios Villalba Geada, 100 % do usufruto vitalicio conxunto e sucesivo.

396.085,80 €

245.573,19

150.512,61

500,00

Lote 9.1

Predio 15.994. Tomo 915, libro 280, folio 146. Urbana. Local situado na planta de soto do edificio sito onde chaman Rego de Foz, na vila de Foz, cunha superficie aproximada de cen metros cadrados, no cal se sitúan diversos rochos e corredor de acceso a estes. Titularidade: Remedios Villalba Geada, 100 % do usufruto vitalicio conxunto e sucesivo de 3/27 avas partes indivisas.

1.925,56 €

1.193,84

731,72

100,00

Lote 9.2

Predio 15.997. Tomo 915, libro 280, folio 145. Urbana. Local situado na primeira planta do edificio sito onde chaman Rego de Foz, na vila de Foz, destinado a vivenda e cunha superficie aproximada de cen metros cadrados. Titularidade: Remedios Villalba Geada, 100 % do usufruto vitalicio conxunto e sucesivo.

103.188,00 €

63.976,56

39.211,44

300,00

Lote 9.3

Predio 19.006. Tomo 575, libro 133, folio 196. Urbana. Soar na rúa Camino del Pilar, Calvario na vila de Foz. Ocupa a superficie de oitocentos oitenta e tres metros cadrados. Ref. catastral 0455003 PJ 4205 N 0001 SB. Sobre este terreo construíuse a seguinte edificación: vivenda unifamiliar illada, composta de planta soto, planta baixa, planta primeira e baixo cuberta. Ocupa dentro do soar unha superficie de douscentos vinte e cinco metros e vinte decímetros cadrados. Titularidade: Remedios Villalba Geada, 100 % do usufruto vitalicio conxunto e sucesivo.

396.085,80 €

245.573,19

150.512,61

500,00

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar:

a) Están á disposición dos interesados na Zona de Recadación de Lugo, rúa Conde, 30, baixo, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento en que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que haberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non poderán exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; de non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o que pode efectuarse a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e nos demais casos en que sexa preciso, deberán proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, e entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos bens ou dereitos.

e) Obriga de constituír ante a mesa da poxa, con anterioridade a súa realización, un depósito do 20 % do tipo da poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.

O depósito constituirase mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera outro medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará, no acto da adxudicación ou dentro dos quince (15) días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Neste caso, a mesa de poxa substituirá os licitadores, e poxará por eles na forma prevista para o efecto.

i) Logo da realización da primeira licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo de deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo da poxa na primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación e de quedar bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, e poderanse presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa da poxa.

A mesa da poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes seguinte ao do seu inicio, e poderase proceder á adxudicación dos bens se alguhna delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

Lugo, 22 de setembro de 2015

Gonzalo Vázquez Rivas
Delegado de Lugo e presidente da Mesa