Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 29 de setembro de 2015 Páx. 38148

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 8 de setembro de 2015 pola que se autoriza a transmisión mortis causa do permiso de actividade e concesión administrativa do establecemento de cultivos mariños Roberto Pernas Boutureira, sito en Ponte do Pedrido, concello de Paderne.

Unha vez revisado o expediente instruído para efectos de transmisión do establecemento que se cita a continuación e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes:

1. O día 6.8.2015 Aurora Palmeiro García con NIF 32472777-C; Carlos Pernas Palmeiro con NIF 32754214-Y e Roberto Pernas Palmeiro con NIF 32442623-L, inician un expediente de transmisión da titularidade mortis causa, do parque de cultivo titularidade do finado Roberto Pernas Boutureira con NIF 32117392-P.

2. As características actuais da instalación son:

– Tipo: parque de cultivo.

– Lugar: Ponte do Pedrido, Paderne, A Coruña.

– Outorgamento: Resolución do 17 de abril de 2009 da Dirección Xeral de Recursos Mariños.

– Remate da vixencia: 14.5.2019.

– Superficie de dominio público: 59.054 m2.

– Especies: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis pullastra), ameixa xapónica (Ruditapes phillipinarum), berberecho (Cerastoderma edulis) e ostra plana (Ostrea edulis).

– Titulares: Roberto Pernas Boutureira NIF 32117392-P.

3. Segundo se acredita na documentación presentada, Roberto Pernas Boutureira falece o día 25.1.2015, testando a favor dos seus fillos, Carlos Pernas Palmeiro con NIF 32754214-Y e Roberto Pernas Palmeiro con NIF 32442623-L, e nomeando usufrutuaria a súa esposa Aurora Palmeiro García con NIF 32472777-C.

4. Por outra banda, Aurora Palmeiro García con NIF 32472777-C, renuncia ao usufruto a favor dos seus fillos Carlos e Roberto Pernas Palmeiro.

5. Os solicitantes presentan unha memoria técnica e económica que garante unha explotación eficaz do parque, e o mantemento dos postos de traballo.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. Este órgano é competente para autorizar a transmisión, de conformidade coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguíu todos os trámites establecidos no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vistas as disposicións citadas, esta Consellería do Medio Rural e do Mar resolve:

Outorgar a autorización para a transmisión do parque de cultivo descrito no punto segundo dos antecedentes.

Baixo as seguintes condicións e características:

1. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión, na que conste a renuncia do usufruto de Aurora Palmeiro García con NIF 32472777-C.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

2. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegada a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

3. Unha vez tramitada a transmisión, as participacións na titularidade quedan:

– Carlos Pernas Palmeiro con NIF 32754214-Y cunha participación do 50 %.

– Roberto Pernas Palmeiro con NIF 32442623-L cunha participación do 50 %.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

A Coruña, 8 de setembro de 2015

P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar na Coruña