Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 29 de setembro de 2015 Páx. 38088

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 321/2015).

Despedimento/cesamentos en xeral 321/2015

Sobre: despedimento

Demandante: Celia Tubío Dosil

Demandados: Gallega de Servicios Despiece Reparto y Restauración, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 321/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Celia Tubío Dosil contra Gallega de Servicios Despiece Reparto y Restauración, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decisión

Que debo estimar e estimo a demanda presentada e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento de que foi obxecto a demandante con efectos do 20 de xaneiro de 2015 e condeno a empresa a optar, no prazo de cinco días, ou ben pola readmisión da demandante con aboamento dos salarios de tramitación que se puidesen devindicar durante o período de tempo en que desde o 7 de xullo de 2015 ata a efectiva readmisión a demandante non permanecese en situación de incapacidade temporal, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á parte demandante dunha indemnización de 297,10 euros.

A dita opción deberá exercerse no termo de 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza»

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2015

A secretaria xudicial