Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 29 de setembro de 2015 Páx. 38090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 4 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-135/2014 RE e tres máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A comparecencia efectuarase no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18-4º andar, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 4 de setembro de 2015

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-135/2014 RE.

Denunciado: Daniel Stefanache.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: OU-43/2015 RE.

Denunciado: Steluta Matei.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: OU-49/2015 RE.

Denunciado: Ilie Ionut.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: OU-67/2015 RE.

Denunciado: Alin Costel Banu.

Acto notificado: resolución de expediente.