Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 28 de setembro de 2015 Páx. 37963

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO do 17 de setembro de 2015 polo que se corrixen erros no anuncio de licitación con procedemento aberto para a contratación do servizo consistente na realización e posta en marcha dun sistema de control integrado de xestión de fertilizantes en solos agrarios, no marco do proxecto Life+Regenera Limia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 50 %.

Na publicación do anuncio de licitación do procedemento aberto para a contratación do servizo consistente na realización e posta en marcha dun sistema de control integrado de xestión de fertilizantes en solos agrarios, no marco do proxecto Life+Regenera Limia, publicado na páxina 28466 do Diario Oficial de Galicia núm. 127, do 8 de xullo de 2015, existe un erro na redacción do enunciado do procedemento de tal xeito que onde di: «...procedemento aberto para a contratación do servizo consistente na realización e posta en marcha dun sistema de control integrado de xestión de fertilizantes en solos agrarios, no marco do proxecto Life+Regenera Limia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 50 %», debe dicir: «...procedemento aberto para a contratación do servizo consistente na realización e posta en marcha dun sistema de control integrado de xestión de fertilizantes en solos agrarios, no marco do proxecto Life+Regenera Limia, cofinanciado con fondos da Unión Europea nun 50 %».

Ourense, 17 de setembro de 2015

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense