Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 28 de setembro de 2015 Páx. 37959

VI. Anuncios

b) Administración local

Consorcio Casco Vello de Vigo

ANUNCIO para a licitación de obras de rehabilitación de inmobles na rúa Ferrería 10-12, de Vigo (expediente PAO_1_2014).

O Comité Executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo, en sesión que tivo lugar o día 27 de agosto de 2015, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Anular as actuacións levadas a cabo desde a publicación do prego de cláusulas administrativas particulares do expediente de contratación de obras de rehabilitación na rúa Ferrería 10-12, de Vigo, expediente PAO_1_2014 (10 de abril de 2015), retrotraendo o expediente ata o dito momento para os efectos de corrixir o erro material de publicar no perfil do contratante, por erro, un prego de cláusulas administrativas particulares que non se corresponde co aprobado polo órgano de contratación na súa reunión que tivo lugar o día 11 de decembro de 2014.

Segundo. Notificar a todos os licitadores para que teñan coñecemento do presente acordo coa expresión dos recursos que correspondan.

En cumprimento do acordo transcrito, do 27 de agosto de 2015, anúnciase novamente a licitación da obra de Ferrería 10-12, de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Consorcio Casco Vello de Vigo.

b) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Consorcio Casco Vello de Vigo.

2) Domicilio: praza da Princesa, nº 7, 1º.

3) Localidade e código postal: Vigo, 36202.

4) Teléfono: 34 986 44 26 38.

5) Fax: 34 986 44 26 39.

6) Perfil do contratante: http://consorciocascovellovigo.org/category/licitacions-abertas/

7) Correo electrónico: info@consorciocascovellovigo.org

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obra.

b) Descrición: o contrato a que se refire este anuncio ten por obxecto a execución das obras recollidas no proxecto aprobado pola Administración contratante para a rehabilitación dos inmobles situados na rúa Ferrería 10-12, de Vigo, así como, se é o caso, as derivadas dos proxectos modificados deste, nos casos previstos e na forma establecida nos artigos 219 e 234 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

c) Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

d) Prazo de execución: doce (12) meses.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 45210000-2.

f) Número de expediente: PAO_1_2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios de adxudicación que figuran no prego de condicións.

4. Valor estimado do contrato: 378.461,12 euros (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: 315.384,27 euros (IVE excluído).

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: 0 euros (cero euros).

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, excluído IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

Véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. Non procede acreditar clasificación. Clasificación que acredite a solvencia económica e financeira e técnica: grupo K, subgrupo 7, categoría d.

8. Presentación de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: as proposicións, así como, se é o caso, as solicitudes de participación, xunto coa documentación preceptiva, presentaranse, dentro do prazo de vinte e seis (26) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro Xeral do órgano de contratación indicado (días laborables, de luns a venres), en horario de oficina, das 9.00 ás 13.30 horas, no lugar e na forma que se indican nas cláusulas 12 e 13 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Modalidade de presentación: solicitudes de participación.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Consorcio Casco Vello de Vigo.

2) Domicilio: praza da Princesa, nº 7, 1º.

3) Localidade e código postal: Vigo, 36202.

4) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Apertura de sobres: véxase o perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: os gastos de publicación de anuncios serán por conta do adxudicatario, cun importe máximo de 1.000,00 euros.

Vigo, 28 de agosto de 2015

Alfonso M. Ramos Covelo
Xerente do Consorcio Casco Vello de Vigo