1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: M-7/2015.
2. Obxecto do contrato: mantemento de licenzas ESET NOD32 Antivirus. Duración: un ano prorrogable por un máis.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: 17.545 € anuais (IVE incluído).
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es . Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.
7. Requisitos específicos do contratista: véxaxe prego de cláusulas administrativas.
8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince (15) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e que remata ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.
10. Outras informacións: véxanse pregos reguladores da contratación.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 21 de setembro de 2015
P.S. (Decreto 11.9.2015)
Alberto Lema Suárez
Tenente de alcalde Responsable de Emprego e Economía Social