Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 28 de setembro de 2015 Páx. 37964

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Guardería San Rosendo, S.C.G.

ANUNCIO de disolución e liquidación con designación de liquidadores de Guardería San Rosendo, S.C.G.

En asemblea xeral que tivo lugar en Ferrol o 31 de agosto de 2015, reúnense todos os partícipes da sociedade Guardería San Rosendo, S.C.G. no domicilio social sito na rúa Pintor Máximo Ramos, 14-16, Ferrol e adóptanse os seguintes acordos, aprobados por unanimidade:

1. Disolver a cooperativa por motivos económicos.

2. Cesar o interventor.

3. Cesar o Consello Reitor.

4. Nomear liquidadores, que aceptan o cargo e non teñen incompatibilidades para exercelo.

Ferrol, 21 de setembro de 2015

Amelia Sixto San José
Presidenta de la Guardería San Rosendo, S.C.G.