Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 28 de setembro de 2015 Páx. 37946

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 7 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a resolución de procedencia de reintegro de axudas e subvencións ao Programa de fomento da contratación indefinida inicial, reguladas na Orde do 4 de maio de 2010 (anexo A) (Diario Oficial de Galicia do 7 de maio), relativa ao expediente TR348A 2010/125-2.

Intentada a notificación do acordo do xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo, do 14 de agosto de 2015, polo que se acorda a resolución da procedencia de reintegro da subvención concedida, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido do dito acto como figura no anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A interesada durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Lugo, 7 de setembro de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR348A 2010/125-2.

Nome: Telecomunicaciones Dope, S.L.

DNI/NIF: B27395623.

Último enderezo coñecido: r/ Montirón, 55, entresollado, 27002 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a persoa traballadora subvencionada ao abeiro desta orde durante un período de tres (3) anos contado desde a data de realización da contratación.

Precepto infrinxido: base sétima, punto 1, do anexo A da Orde do 4 de maio de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Contido da resolución: procedencia de reintegro ditada o 14 de agosto de 2015 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo.