Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 28 de setembro de 2015 Páx. 37944

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 2 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015317AL-PO, incoado por infraccións en materia de seguridade alimentaria.

O 3 de agosto de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador número 2015317AL-PO, incoado a Manuel Cerqueira Fernández, como titular do establecemento Restaurante Catro Portas.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Manuel Cerqueira Fernández o contido do referido acordo que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbrase o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, avenida Fernández Ladreda, nº 43, 1º, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 2 de setembro de 2015

P.A. (Decreto 33/2014, do 6.3.2014; DOG núm. 53)
Rosa Agrasar Muíños
Xefa do Servizo de Xestión de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2015317AL-PO.

Denunciado: Manuel Cerqueira Fernández, con NIF 35995807W, como titular do establecemento Restaurante Catro Portas.

Último enderezo coñecido: rúa Eduardo Cabello, 19, 36208, Vigo.

Feito imputado: supostas infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos infrinxidos:

– Artigo 5 e capítulo I puntos 1, 2.b), 2.d) e 4 do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Tipificación: infracción leve, segundo o artigo 51, punto 1, parágrafos 1 e 10 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción proposta: mil douscentos euros (1.200,00 €).