Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 25 de setembro de 2015 Páx. 37788

IV. Oposicións e concursos

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2015 pola que se fai público o nomeamento de Marta Fernández Vázquez como directora de Profesionalización.

De conformidade co disposto no artigo 17.p) dos estatutos da Axencia Turismo de Galicia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos, o seu Consello Reitor, en sesión que tivo lugar o día 23 de setembro do presente ano, acordou nomear directora de Profesionalización da Axencia Turismo de Galicia a Marta Fernández Vázquez.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia