Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 24 de setembro de 2015 Páx. 37741

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

CÉDULA do 9 de setembro de 2015 pola que se notifica a resolución do recurso presentado contra a Resolución do 21 de febreiro de 2013 pola que se denega a cesión temporal dun predio rústico.

O director xeral de Agader, por Resolución do 21 de febreiro de 2013, denegoulle a cesión temporal do predio rústico 15079F517009510000UK a Xosé Alberte Piñeiro Tubío. O interesado presentou un recurso contra a dita resolución. O 3 de agosto de 2015, o director xeral de Agader desestimou o recurso presentado.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución do recurso, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias de Agader (A Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), para a súa consulta desde as 9.00 ata as 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2015

Antonio Crespo Iglesias
Director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural