Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 24 de setembro de 2015 Páx. 37740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 7 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, pola que se notifica a resolución do expediente ICA-OU-0014/2015-U.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente ICA-OU-0014/2015-U.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro edictal único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes da Consellería do Medio Rural e do Mar, situadas na rúa Camiño Francés, nº 10, Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada, ante o secretario xeral do Medio Rural e Montes no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2015

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral do Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: ICA-OU-0014/2015-U.

Persoa interesada: Construcciones Cortelo, S.L.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Campo, s/n, Fabero, 24449 León.