Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 24 de setembro de 2015 Páx. 37688

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (1320/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de seguridade social 1320/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Fremap contra Cociñas Coarme, S.L., José Miguel Garrido Pena, Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva din:

«Sentenza

A Coruña, tres de setembro de dous mil quince.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 1320/2013, en que son parte, dun lado, como demandante Mutua Fremap, representada pola letrada María de los Ángeles Gómez Lage, e como demandados o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, representados pola letrada Ana Pardo Costas, José Miguel Garrido Pena, que comparece, por si mesmo, e Cociñas Coarme, S.L. que non comparece, sobre seguridade social, pronunciou en nome de S.M. El Rei a seguinte sentenza

Decido

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta pola Mutua Fremap contra os demandados INSS, TXSS, Cociñas Coarme, S.L. e José Miguel Garrido Pena, absolvendo os demandados.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deben anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cociñas Coarme, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de setembro de 2015

A secretaria xudicial