Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 24 de setembro de 2015 Páx. 37687

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui

EDICTO (28/2015).

Eu, José Antonio Pascual Calderón, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui, mediante este edicto,

Anuncio.

Neste procedemento DCT 111/2011, seguido por instancia de Larisa Vichorek contra Francisco Dacosta González ditouse a Sentenza 28/2015 cuxo teor literal é o seguinte:

«Que, estimando a demanda de divorcio interposta polo procurador Sr. Señoráns Arca, en nome e representación de Larisa Vichorek contra Francisco Dacosta González (en situación procesual de rebeldía), me remito ao disposto na referida sentenza.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación, ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se interporá por escrito ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación. A admisión do dito recurso exixirá que no momento de o interpor se consigne como depósito o importe de 50 euros na conta de depósitos e consignacións do xulgado, o que deberá ser acreditado fidedignamente e sen cuxo requisito non se admitirá o recurso».

Encontrándose o dito demandado, Francisco Dacosta González, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Tui, 4 de setembro de 2015

O secretario xudicial