Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 24 de setembro de 2015 Páx. 37721

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 31 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se publica a resolución ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da entidade con número de censo 15H01631.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á entidade Factor I más P, S.L. a Resolución do 14 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

O prazo para interpoñer o recurso a que fai mención a antedita resolución computarase a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

Logo de examinar a inscrición da entidade Factor I más P, S.L. no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar

Antecedentes:

Primeiro. A entidade Factor I más P, S.L. está inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, co número 15H01631, nas especialidades formativas seguintes:

Código especialidade

Descrición

Alta homologación

SSCF30

Xestor de formación

30.3.2005

SSCF41

Metodoloxía da análise do traballo

30.3.2005

Segundo. O 19 de febreiro de 2014, a Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña requiriulle á entidade Factor I más P, S.L., para os efectos de comprobar o cumprimento dos requisitos establecidos na normativa vixente para manter a condición de centro/entidade inscrito ou acreditado no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, a documentación prevista nos artigos 5 e 6 do Decreto 106/2011, informándoa de que, en caso de non achegar a documentación requirida, se proporá a súa baixa no antedito rexistro.

Os dous intentos de notificación realizados foron devoltos polo servizo de Correos por non ser recollidos polo destinatario na oficina postal.

Terceiro. Mediante Anuncio do 30 de decembro de 2014, publicado no Diario Oficial de Galicia número 13, do 21 de xaneiro de 2015, foi emprazada Factor I más P, S.L. para ser notificada por comparecencia.

Cuarto. A entidade Factor I más P, S.L. non compareceu nin presentou a documentación requirida.

Quinto. En cumprimento do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 106/2011, a xefa territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña propón a revogación da inscrición do centro.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A competencia para resolver este expediente correspóndelle á directora xeral de Emprego e Formación, de conformidade co establecido no artigo 6.3 e artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio.

Segundo. A disposición transitoria primeira do Decreto 106/2011, do 19 de maio, dispón que os centros e as entidades de formación inscritos no Censo de centros colaboradores de formación ocupacional da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, en virtude do Decreto 158/2001, quedarán inscritos e, se é o caso, acreditados, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación naquelas especialidades formativas en que estean homologados e que disporán dun prazo de dous anos para adaptaren as súas instalacións aos requisitos establecidos no artigo 30 da Orde TAS 718/2008, do 7 de marzo. Así mesmo, establece que, transcorrido o dito prazo de dous anos sen adaptarse á dita normativa, causarán baixa automaticamente.

Revisado o expediente, compróbase que Factor I más P, S.L. non acreditou o cumprimento dos requisitos para a inscrición e acreditación dos centros e entidades de formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia do número de censo 15H01631.

Terceiro. Tendo en conta que na tramitación do expediente se observaron as normas que para o efecto se establecen no Decreto 106/2011, do 19 de maio, e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Logo de ver o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego; a Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, modificada pola Orde ESS/1726/2012, do 2 de agosto, pola que se desenvolve o dito real decreto; o Decreto106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a demais normativa de xeral aplicación

RESOLVO:

Dar de baixa a entidade Factor I más P, S.L., número 15H01631, do Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar. Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2015. Ana María Díaz López, directora xeral de Emprego e Formación.

Notifíqueselles aos interesados esta resolución para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Traballo e Benestar, no prazo dun mes contado desde a súa notificación, de acordo co establecido no artigo 114, seguintes e concordantes, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2015

Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación