Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 24 de setembro de 2015 Páx. 37671

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as de minas, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 99, do 26 de maio), pola que se dá publicidade de diversos acordos do tribunal.

Nas sesións que tiveron lugar o 17 e 21 de setembro de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 18 de febreiro de 2015 (DOG núm. 38, do 25 de febreiro), modificado polas ordes do 11 de marzo de 2015 (DOG núm. 54, do 19 de marzo) e do 10 de abril de 2015 (DOG núm. 69, do 14 de abril) polas que se nomea o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as de minas, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (DOG núm. 99, do 26 de maio),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.2.2. da convocatoria, superaron o segundo exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos.

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio do proceso selectivo, no lugar onde se realizou a proba, no taboleiro de anuncios do Servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.3.7. da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.2.4. da convocatoria, os aspirantes que superaron o segundo exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa (orixinais ou fotocopias compulsadas) de estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo).

Quinto. Que o terceiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 7 de outubro de 2015, e que o lugar de realización será na Escola Galega de Administración Pública (polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela), na aula 12, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul. Os aspirantes serán provistos de calculadora polo tribunal e queda prohibido o uso de calculadoras distintas ás que se faciliten.

Consonte a base II.2.3. da convocatoria, para o desenvolvemento deste exercicio os aspirantes poderán servirse de textos legais sen comentarios. Admitiranse as súas versións consolidadas, aquelas en que figuran as notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples sempre que non inclúan ningunha outra información, comentario doutrinal ou referencia xurisprudencial. Está expresamente prohibida a utilización de libros de consulta, temarios, informes, resolucións ou ditames de calquera tipo.

Durante o desenvolvemento do exercicio os membros do tribunal poderán examinar o material que está a utilizar cada aspirante e comprobar que se axusta ao establecido nos parágrafos anteriores. O uso de textos normativos distintos dos permitidos determinará a expulsión do aspirante.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13. da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2015

Jorge José Delgado Martín
Presidenta do tribunal