Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 24 de setembro de 2015 Páx. 37669

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se dá publicidade á baremación provisoria da fase de concurso.

Na sesión que tivo lugar o día 9 de setembro de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 7 de abril de 2014 (DOG núm. 78, do 24 de abril), modificada pola Orde do 19 de maio de 2014 (DOG núm. 101, do 28 de maio), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais;

ACORDOU:

Primeiro. Proceder, de conformidade co disposto na base II.2.6 da orde de convocatoria, á publicación da baremación provisoria da fase de concurso correspondente ao proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais. A relación das puntuacións obtidas recóllese no anexo desta resolución.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.2.6 da orde de convocatoria, contra a baremación, os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2015

Xan Mera Cabanelas
Presidente do tribunal

ANEXO
Proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2,
escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais

Baremación provisoria da fase de concurso

DNI

Apelidos e nome

Base II.2.1

Base II.2.2

Puntuación total

32785424M

Fuentes Bermejo, Ana María

25,65

1,80

27,45

33337694E

Fernández Parajes, Lourdes

3,16

3,40

6,56

76813663B

Colmenero Guzmán, Manuel Aurelio

0

4,40

4,40

76824123Y

Colmenero Guzmán, Silvia

0

3,60

3,60

32451682Q

Gómez Traba, Laura

0

0

0