Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 24 de setembro de 2015 Páx. 37665

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 17 de setembro de 2015 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron os procesos selectivos ordinario e extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, convocados polas ordes do 20 de xuño de 2013.

En virtude das ordes do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño) convocáronse os procesos selectivos ordinario e extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais.

Os tribunais designados para cualificar os ditos procesos acordaron facer públicas e elevar á Dirección Xeral da Función Pública as relacións de aspirantes que superaron os mesmos mediante resolucións do 30 de abril de 2015 (DOG núm. 93, do 20 de maio) no caso do proceso ordinario, e do 13 de agosto de 2015 (DOG núm. 163, do 27 de agosto) no caso do proceso extraordinario de consolidación.

Co obxecto de que os/as aspirantes que superaron ambos os dous procesos selectivos poidan ser nomeados/as funcionarios/as de carreira do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os/as aspirantes que superaron os procesos selectivos ordinario e extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 30 de setembro de 2015 ás 10.45 horas.

Segundo. Os/as aspirantes convocados/as poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Os/as aspirantes que figuran na Resolución do 30 de abril de 2015 terán, en todo caso, preferencia sobre o aspirante que figura na Resolución do 13 de agosto de 2015.

Terceiro. Os/as aspirantes deberán ir provistos/as de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representados/as por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos/ás aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos/ás aspirantes presentes ou representados/as, entre as que quedasen sen adxudicar.

Quinto. Os/as aspirantes poderán solicitar ser declarados/as en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas, respectivamente, nos artigos 174 e 173.3.d) da Lei 2/2015. Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que prestan servizos na actualidade.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Núm.

Código do posto

Cons.

Denominación

Nivel

Subgrupo

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Formación

Titulación

1

INC030000115770004

IN

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

26

A1

S. X. de Xestión do PXIDIT

Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación

Santiago de Compostela

Enxeñaría Industrial

2

INC030000115770005

IN

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

26

A1

S. X. de Xestión do PXIDIT

Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación

Santiago de Compostela

Enxeñaría Industrial

3

INC030000115770006

IN

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

26

A1

S. X. de Xestión do PXIDIT

Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación

Santiago de Compostela

Enxeñaría Industrial

4

INC050000015770005

IN

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

26

A1

D. X. de Industria, Enerxía e Minas

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Santiago de Compostela

Enxeñaría Industrial

5

INC050000015770006

IN

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

26

A1

D. X. de Industria, Enerxía e Minas

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Santiago de Compostela

Enxeñaría Industrial

6

INC050000015770007

IN

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

26

A1

D. X. de Industria, Enerxía e Minas

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Santiago de Compostela

Enxeñaría Industrial

7

INC050000115770004

IN

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

26

A1

S. X. de Enerxía

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Santiago de Compostela

Enxeñaría Industrial

8

INC050000115770005

IN

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

26

A1

S. X. de Enerxía

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Santiago de Compostela

Enxeñaría Industrial

9

INC050000115770040

IN

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

26

A1

S. X. de Enerxía

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Santiago de Compostela

Enxeñaría Industrial

10

INC050000315770005

IN

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

26

A1

S. X. Admón. Industrial

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Santiago de Compostela

Enxeñaría Industrial

11

INC050000315770006

IN

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

26

A1

S. X. Admón. Industrial

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Santiago de Compostela

Enxeñaría Industrial

12

INC050000315770007

IN

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

26

A1

S. X. Admón. Industrial

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Santiago de Compostela

Enxeñaría Industrial

13

INC050000315770008

IN

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

26

A1

S. X. Admón. Industrial

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Santiago de Compostela

Enxeñaría Industrial

14

INC991000015001051

IN

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

26

A1

Xefatura Territorial da Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

Enxeñaría Industrial

15

INC991000015001053

IN

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

26

A1

Xefatura Territorial da Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

Enxeñaría Industrial

16

INC991000027001026

IN

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

26

A1

Xefatura Territorial de Lugo

Servizos periféricos

Lugo

Enxeñaría Industrial

17

INC991000032001036

IN

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

26

A1

Xefatura Territorial de Ourense

Servizos periféricos

Ourense

Enxeñaría Industrial

18

INO110020015001010

IN

Enxeñeiro/a superior funcións facultativas

26

A1

Laboratorio de Consumo de Galicia (A Coruña)

Instituto Galego de Consumo (Xerencia)

A Coruña

Experiencia en ensaios de laboratorios electromecánicos (mérito)

Enxeñaría Industrial

19

MAC050040115001003

MA

Posto base subgrupo A1

20

A1

Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia (A Coruña)

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

A Coruña

Enxeñaría Industrial, lic. Ciencias Químicas

20

PXA110000615770011

PX

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

26

A1

Área da Sociedade dixital

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela

Enxeñaría Industrial