Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 24 de setembro de 2015 Páx. 37661

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 17 de setembro de 2015 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013.

En virtude da Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño) convocouse o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as.

O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que o superaron na súa Resolución do 27 de xullo de 2015 (DOG núm. 147, do 5 de agosto).

Co obxecto de que os/as aspirantes que superaron o dito proceso selectivo poidan ser nomeados/as funcionarios/as de carreira do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as, e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 30 de setembro de 2015 ás 10.00 horas.

Segundo. Os/as aspirantes convocados/as poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Os/as aspirantes que pretendan optar aos postos para cuxo desempeño é preciso estar en posesión dun doutoramento ou acreditar experiencia en investigación deberán presentar certificación acreditativa no acto de elección de destino. A dita certificación será expedida pola Secretaria Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), previa presentación dos títulos ou documentos que o xustifiquen.

Terceiro. Os/as aspirantes deberán ir provistos/as de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representados/as por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos/ás aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos/ás aspirantes presentes ou representados/as entre as que quedasen sen adxudicar.

Quinto. Os/as aspirantes poderán solicitar ser declarados/as en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas, respectivamente, nos artigos 174 e 173.3.d) da Lei 2/2015. Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que prestan servizos na actualidade.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Núm.

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro de destino

Concello

Formación

Titulación

Observacións

1

MAC080000015770007

MA

Posto base subgrupo A1

A1

20

D. X. de Conservación da Natureza

D. X. de Conservación da Natureza

Santiago de Compostela

Lic. Biolóxicas

2

MAC991000027001023

MA

Posto base subgrupo A1

A1

20

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Lugo

Lugo

Lic. Biolóxicas

3

MR3010050532400011

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes

Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro-Ourense)

Leiro

Experiencia en investigación vitivinícola 2 anos ou doutoramento en materia vitivinícola (R.I.)

Licenciado en Tecnoloxía dos Alimentos, lic. Ciencias Químicas, lic. Biolóxicas

4

MR3030010127001113

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Dirección Xeral de Produción Agropecuaria

Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (Lugo)

Lugo

Lic. Biolóxicas

Xornada de tarde

5

MR4010000015770007

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Secretaría Xeral do Mar

Secretaría Xeral do Mar

Santiago de Compostela

Lic. Ciencia do Mar, lic. Biolóxicas

6

MR4020000315770071

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

S. X. de Investigación e Apoio Científico-Técnico

Santiago de Compostela

Lic. Biolóxicas

7

MR4020000315770072

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

S. X. de Investigación e Apoio Científico-Técnico

Santiago de Compostela

Lic. Biolóxicas

8

MR4020000315770073

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

S. X. de Investigación e Apoio Científico-Técnico

Santiago de Compostela

Lic. Biolóxicas

9

MR4020000315770074

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

S. X. de Investigación e Apoio Científico-Técnico

Santiago de Compostela

Lic. Biolóxicas

10

MRC991090115001007

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Servizos periféricos

Xefatura de Coordinación Área do Mar-A Coruña

A Coruña

Lic. Ciencia do Mar, lic. Biolóxicas

11

MRC991090115001009

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Servizos periféricos

Xefatura de Coordinación Área do Mar-A Coruña

A Coruña

Lic. Biolóxicas

12

MRC991090115001010

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Servizos periféricos

Xefatura de Coordinación Área do Mar-A Coruña

A Coruña

Lic. Biolóxicas

13

MRC993000015350004

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Servizos periféricos

Xefatura Comarcal de Ferrol

Ferrol

Lic. Ciencia do Mar, lic. Biolóxicas

14

MRC993000036590010

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Servizos periféricos

Xefatura Comarcal de Vilagarcía

Vilagarcía de Arousa

Lic. Ciencia do Mar, lic. Biolóxicas

15

MRC993000036590012

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Servizos periféricos

Xefatura Comarcal de Vilagarcía

Vilagarcía de Arousa

Lic. Ciencia do mar, lic. Biolóxicas

16

MRC993000036590013

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Servizos periféricos

Xefatura Comarcal de Vilagarcía

Vilagarcía de Arousa

Lic. Biolóxicas

17

MRO130000015770009

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Fogga/Subdirección Xeral de Xestión da PAC

Subdirección Xeral de Xestión da PAC

Santiago de Compostela

Lic. Biolóxicas