Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 23 de setembro de 2015 Páx. 37564

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Guitiriz (expediente IN407A 2011/47-2, 7885 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Lobeiras e López, S.L.

Domicilio social: r/ Deputación, nº 6, 1º, 27300 Guitiriz.

Denominación: LMTS, CTC e RBTS para subministración eléctrica na rúa Deputación, 7.

Situación: concello de Guitiriz.

Características técnicas:

• LMTS a 20 kV, consistente en anelar o CT proxectado, entre o CTC actualmente en fase de execución na rúa do Mercado e a conversión aéreo a subterránea existente na LMTA Baamonde, cunha lonxitude de 190 metros de condutor proxectado tipo RHZ-240.

• CT en edificio non prefabricado situado na rúa Deputación, 7, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 160 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• RBTS baixo tubo con orixe nos cadros de baixa tensión do CT proxectado e final na CXP do edificio para electrificar, en condutor tipo RV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 29 de agosto de 2011

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo