Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 23 de setembro de 2015 Páx. 37566

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 10 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, polo que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de seguridade industrial 36/I/14(IN635C 2014/138-4) e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non fose posible practicar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado, e a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse por anuncio no Boletín Oficial del Estado as resolucións dos procedementos aos interesados que se sinalan no anexo.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra a referida resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela ou do domicilio do interesado –se radica en Galicia–, a elección deste, no prazo de dous (2) meses contados desde a dita data.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2015

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

Expediente: 36/I/14(IN635C 2014/138-4).

Interesado: Ángel Rodríguez Pereiro.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Expediente: 55/I/14(IN635C 2014/37-4).

Interesada: Elecnar Bilbo, S.L.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Expediente: 105/I/14(IN635C 2014/95-4).

Interesada: Mosfer, S.L.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Expediente: 5/I/15(IN635C 2014/105-4).

Interesado: Miguel Pérez Galiñares.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.