Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 21 de setembro de 2015 Páx. 37284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 1 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica un acordo de procedencia de reintegro parcial dunha axuda do programa de transformación de contratos temporais en indefinidos, regulada na Orde do 21 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 61, do 28 de marzo), relativa ao expediente TR348B 2011/401-1.

En virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no uso da competencia atribuída á Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña, intentada a notificación sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á interesada o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela a interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (avenida de Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar), para ter coñecemento do contido daquela, no prazo dun mes que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, advertíndolle que, de non se facer así, se terá por notificada cos efectos que correspondan.

A Coruña, 1 de setembro de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR348B 2011/401-1.

Nome ou razón social: Área 2015, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa José González Dopeso, 1 B, 15009 A Coruña.

Feitos imputados: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres (3) anos.

Preceptos infrinxidos: base sétima, punto 1, do anexo B da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro parcial.