Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 21 de setembro de 2015 Páx. 37279

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2015/38-2, 8232 AT).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Inversiones Abuín 2, S.L.

Domicilio social: avenida Meridiana, 350-4º B, Barcelona.

Denominación: LMT e CT para salas de cine no CC Abella.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

– Liña de media tensión en bandexa metálica con orixe no centro de transformación e seccionamento nº 1, propiedade de BEGASA, e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 78 metros en condutor tipo RHZ1 3(1×95 mm2 AI).

Centro de transformación en edificio non prefabricado, no cal se instala unha cela de remonte, unha de protección e unha de medida cunha potencia instalada de 630 kVA.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:

De acordo coas competencias atribuídas no Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (modificado polo Decreto 116/2014, do 11 de setembro), e no Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderán interpor calquera outro recurso que xulguen pertinente ao seu dereito.

Lugo, 19 de agosto de 2015

P.A. (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Álvaro Rodríguez Vázquez
Xefe do Servizo de Administración Industrial de Lugo