Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 21 de setembro de 2015 Páx. 37281

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización de contratos de obras cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlle publicidade á formalización dos seguintes contratos de obras:

1. Obra de ampliación (fase I) do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra; expediente ED 12/15-O.

1.1. Adxudicatario: Dragados, S.A.

1.2. Importe de adxudicación: 1.015.970,71 € (IVE excluído). O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 75.

1.3. Data de adxudicación: 20 de agosto de 2015.

1.4. Data de formalización do contrato: 21 de agosto de 2015.

2. Obra de reforma e ampliación do IES Armando Cotarelo Valledor de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra); expediente ED 13/15-O.

2.1. Adxudicatario: UTE Prado Lameiro, S.L. e Actividades, Construcciones y Voladuras, S.L.

2.2. Importe de adxudicación: 401.487,00 € (IVE excluído). O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 75.

2.3. Data de adxudicación: 24 de agosto de 2015.

2.4. Data de formalización do contrato: 25 de agosto de 2015.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2015

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria