Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 18 de setembro de 2015 Páx. 37146

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (149/2015).

Eu, Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 149/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Jesús García Prieto contra Suargotel, S.L., sobre ordinario, se ditaron as resolucións en cuxa parte dispositiva se acorda:

«Despachar orde xeral de execución da sentenza número 167/2015, ditada en data 28.4.2015 no procedemento ordinario (cantidade), seguido ante este xulgado co número de autos 168/2014 a favor da parte executante, María Jesús García Prieto, fronte a Suargotel, S.L., parte executada, por importe de 1.154,89 euros de principal (corresponden 1.050,98 euros á cantidade obxecto de condena na sentenza e 103,91 euros ao xuro de mora procesual do 10 %) e de 115,50 euros, que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

– Requirir a Suargotel, S.L. co fin de que no prazo de 10 días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

– Consultar as aplicacións informáticas do órgano xudicial para a indagación de bens do executado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma ao destinatario, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 1 de setembro de 2015

A secretaria xudicial