Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 18 de setembro de 2015 Páx. 37148

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2015 pola que se anuncia o procedemento aberto para a contratación documentalmente simplificada do servizo consistente na verificación do requisito do mantemento do emprego e demais obrigas anexas fixadas nas convocatorias das axudas ao emprego nas cales é exixible un período de invariabilidade e relativas a operacións realizadas nas anualidades de 2009 a 2014 cofinanciadas co programa operativo Fondo Social Europeo (FSE) Galicia 2007/2013 (contrato cofinanciado polo programa operativo FSE de Galicia 2014/2020 nun 80 %, no eixe 8 asistencia técnica, obxectivo específico 1, campo de intervención 121).

1. Poder adxudicador.

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Número de expediente: FA21/2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente na verificación do requisito do mantemento do emprego e demais obrigas anexas fixadas nas convocatorias das axudas ao emprego nas cales é exixible un período de invariabilidade e relativas a operacións realizadas nas anualidades de 2009 a 2014 cofinanciadas co programa operativo Fondo Social Europeo (FSE) Galicia 2007/2013.

c) CPV: 79212000-3.

d) Prazo de vixencia: o prazo de vixencia do contrato rematará o 30 de xuño de 2016.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterio de adxudicación:

– Oferta económica: ata 100 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Prezo: cento vinte e catro mil douscentos euros (124.200 €), IVE excluído.

b) IVE: vinte e seis mil oitenta e dous euros (26.082 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 57 14/981 54 41 40.

e) Telefax: 881 99 91 91.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23126.

g) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Acreditaranse por calquera das seguintes formas:

a) Solvencia económica, financeira, técnica e profesional: segundo o establecido na cláusula 15 do prego de cláusulas administrativas particulares e nas letras F e G da folla de especificacións.

b) Concreción das condicións de solvencia. Adscrición de medios: segundo o establecido na letra H da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ata ás 19.00 horas do décimo quinto (15º) día natural, contado desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo coincide en domingo ou festivo, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deben presentar: a indicada na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado, na oficina do Rexistro Único e Información no complexo administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao previsto na cláusula 10.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas: acto público.

a) Entidade e lugar: sala de xuntas da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: unha vez rematado o prazo de presentación de proposicións, farase pública no perfil do contratante a convocatoria da mesa pública para a apertura do sobre B.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

11. Perfil do contratante.

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23126.

Poderase consultar tamén na seguinte páxina web:

http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/perfil-do-contratante.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2015

P.D. (Orde 9.1.2012)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda