Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 17 de setembro de 2015 Páx. 37069

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 1 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se publica a resolución ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da entidade con número de censo 15H01879, devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación en dúas ocasións, non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á Cipo, S.L.U. a Resolución do 14 de xullo de 2015, da directora xeral de Emprego e Formación, ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

O prazo para interpoñer o recurso ao cal fai mención a antedita resolución computarase a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

«Número de censo: 15H01879

Cipo, S.L.U.

Rúa Alfonso Senra, núm. 117, 1º I

15680 Ordes

A Coruña

Logo de examinar a inscrición da entidade Cipo, S.L.U. no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar

Antecedentes:

Primeiro. A entidade Cipo, S.L.U. encóntrase inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, co número 15H01879, nas especialidades formativas seguintes:

Código de especialidade

Descrición

Alta da homologación

IFCI17

Técnico en software ofimático

20.11.2006

Segundo. O 19 de febreiro de 2014, a Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña requiriu á entidade Cipo, S.L.U., para os efectos de comprobar o cumprimento dos requisitos establecidos na normativa vixente para manter a condición de centro/entidade inscrito ou acreditado no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, a documentación prevista nos artigos 5 e 6 do Decreto 106/2011, informándoa de que, en caso de non achegar a documentación requirida, se proporá a súa baixa no antedito rexistro.

Os dous intentos de notificación realizados foron devoltos polo servizo de Correos por non ser recollidos polo destinatario na oficina postal.

Terceiro. Mediante anuncio do 30 de decembro de 2014, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 13, do 21.1.2015, emprazouse ao Cipo, S.L.U. para ser notificada por comparecencia.

Cuarto. A entidade Cipo, S.L.U. non compareceu, nin presentou a documentación requirida.

Quinto. En cumprimento do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 106/2011, a xefa territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña propón a revogación da inscrición do centro.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A competencia para resolver este expediente correspóndelle á directora xeral de Emprego e Formación, de conformidade co establecido no artigo 6.3 e artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio.

Segundo. A disposición transitoria primeira do Decreto 106/2011, do 19 de maio, dispón que os centros e entidades de formación inscritos no Censo de centros colaboradores de formación ocupacional da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, en virtude do Decreto 158/2001, quedarán inscritos e, se é o caso, acreditados, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación naquelas especialidades formativas en que estean homologados, e que disporán dun prazo de dous anos para adaptar as súas instalacións aos requisitos establecidos no artigo 30 da Orde TAS 718/2008, do 7 de marzo. Así mesmo, establece que, transcorrido o devandito prazo de dous anos sen adaptarse á antedita normativa, causarán baixa automaticamente.

Revisado o expediente compróbase que Cipo, S.L.U. non acreditou o cumprimento dos requisitos para a inscrición e acreditación dos centros e entidades de formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, do número de censo 15H01879.

Terceiro. Tendo en conta que na tramitación do expediente se observaron as normas que para o efecto se establecen no Decreto 106/2011, do 19 de maio, e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Logo de ver o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, a Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, modificada pola Orde ESS/1726/2012, do 2 de agosto, pola que se desenvolve o antedito real decreto, o Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, o Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e a demais normativa de xeral aplicación.

RESOLVO:

Dar de baixa a entidade Cipo, S.L.U., número 15H01879, do Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Notifíquese aos interesados esta resolución para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Traballo e Benestar no termo dun mes contado desde a súa notificación de acordo co establecido no artigo 114, seguintes e concordantes, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro)».

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2015

Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación