Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 16 de setembro de 2015 Páx. 36970

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 8 de setembro de 2015 pola que se modifica a Orde do 6 de marzo de 2015, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

Con data do 23 de marzo de 2015 (DOG núm. 55) publicouse a Orde do 6 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

No artigo 11 da dita orde establecíase que o prazo para que os beneficiarios das axudas acrediten e xustifiquen os proxectos subvencionados será ata o 31 de outubro de 2015; en caso de non xustificarse a totalidade do orzamento do proxecto, a subvención será minorada na mesma proporción.

Tendo en conta a data de resolución das ditas axudas, motivada pola tramitación dunha modificación de crédito publicada o 31 de xullo (DOG núm. 144), derivado dunha modificación da dotación orzamentaria establecida na Orde do 6 de marzo, co fin de viabilizar os procesos de execución e xustificación por parte dos beneficiarios resultantes, sen que con iso se cause prexuízo a terceiros, considérase necesario introducir modificacións no artigo 11.1 da Orde do 6 de marzo.

Visto o anterior,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Orde do 6 de marzo de 2015

Modifícase o artigo 11.1 da Orde do 6 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2015, que quedaría como segue:

Artigo 11. Prazo, xustificación e pagamento das axudas

1. O prazo para que os beneficiarios das axudas acrediten e xustifiquen os proxectos subvencionados será ata o 30 de novembro de 2015; en caso de non xustificarse a totalidade do orzamento do proxecto, a subvención será minorada na mesma proporción.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria