Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 16 de setembro de 2015 Páx. 36923

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Comercio, pola que se convocan as eleccións para a renovación do Pleno da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

Con data 16 de outubro de 2014 a Dirección Xeral de Comercio, en cumprimento do artigo 25 da Lei 3/1993, do 22 de marzo, básica das cámaras de comercio, industria e navegación, e do artigo 61 da Lei 5/2004, do 8 de xullo, de cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia, e con base nas competencias establecidas no artigo 14 do Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, emitiu resolución pola que se designa a Comisión Xestora para a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo ante a imposibilidade de funcionamento normal dos seus órganos de goberno, tras as baixas producidas por todos os membros do Pleno, incluída a do seu propio presidente.

Na reunión constitutiva da comisión xestora, celebrada o 22 de outubro de 2014, puxéronse de manifesto as funcións da comisión xestora tendo, entre outras, a de realizar as tarefas precisas para convocar o proceso electoral coa finalidade de restituír os órganos de goberno da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo.

Para tal efecto, acordouse a elaboración do censo de acordo co disposto no artigo 17 da Lei 4/2014, do 1 de abril, básica das cámaras oficiais de comercio, industria, servizos e navegación, que sinala que «o censo electoral das cámaras estará constituído pola totalidade das persoas físicas ou xurídicas, nacionais ou estranxeiras, que exerzan as actividades comercias, industriais, de servizos ou navieiras non excluídas de conformidade co artigo 7 desta lei» e actualizalo na data do 1 de xaneiro de 2015.

O 28 de abril de 2015, a Comisión Xestora acordou que, unha vez confeccionado o censo de acordo co previsto no parágrafo anterior, se procedera á súa exposición pública durante un prazo de vinte días naturais, conforme o disposto no artigo 12 do devandito Decreto 431/2009, do 19 de novembro, para a súa consulta na sede da Cámara. O censo permaneceu exposto desde o 8 de maio ata o 27 de maio de 2015.

Así mesmo, ante a imposibilidade material da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo de difundir o censo mediante medios electrónicos, a través da Administración tutelante, publicouse durante ese mesmo prazo na páxina web do Consello Galego de Cámaras. Igualmente, durante o mesmo prazo, o censo permaneceu exposto na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo.

Transcorrido o prazo previsto para a exposición pública do censo sen que se presentasen alegacións e logo do seu depósito na Administración tutelante por parte da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo o 16 de xuño de 2015, procede a convocatoria de eleccións, xa que as vacantes existentes afectan a totalidade do Pleno da Cámara dando lugar a un suposto excepcional que excede do espírito contido no artigo 61 do Decreto 431/2009, do 19 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de réxime electoral das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia.

Para a configuración dos órganos de goberno da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo débese ter en conta o disposto no número 1 da disposición transitoria segunda da Lei 4/2014, do 1 de abril, básica das cámaras oficiais de comercio, industria, servizos e navegación, que sinala que os presidentes, os membros dos comités executivos e os plenos das cámaras e dos consellos das cámaras continuarán exercendo as súas funcións ata que se constitúan os novos órganos de goberno tras a finalización do correspondente proceso electoral, de acordo co previsto nesa lei e na normativa autonómica. Engádese, no número 2, que ata que se constitúan os novos órganos de goberno tras o correspondente proceso electoral convocado de acordo con esta lei, os órganos de goberno seguirán funcionando validamente cos quórum de asistencia e coas maiorías de votación necesarias establecidas legalmente nese momento, para a constitución do órganos de que se trate e para a adopción de acordos en cada caso.

Así mesmo, a disposición transitoria primeira da referida lei, dispón, por unha banda, a adaptación da normativa autonómica á norma básica, e por outra banda, a adaptación dos actuais regulamentos de réxime interior, por parte das cámaras oficiais de comercio, industria, servizos e navegación, ao contido da devandita lei.

Adaptada a normativa autonómica pola Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais, e administrativas, as cámaras deberán adaptar, no prazo dos tres meses, os seus regulamentos de réxime interior, adecuando, entre outros aspectos, a composición dos seus órganos de goberno á nova normativa autonómica con vixencia desde o 1 de xaneiro de 2015, cuestión que, en todo caso, excede das competencias da comisión xestora.

É por iso que ata que se produza a modificación do Regulamento de réxime interior da cámara afectada e non se convoquen as eleccións nos termos previstos anteriormente, a composición do Pleno e demais órganos de goberno da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo, axustarase ao previsto no seu actual Regulamento de réxime Interior.

Por todo o anterior, logo da consulta á Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo e en uso das competencias atribuídas polo Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria,

DISPOÑO:

Primeiro. Convocar as eleccións para a renovación do Pleno da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo .

Segundo. Para garantir a transparencia e a obxectividade do proceso electoral, constituirase unha xunta electoral na Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo, na forma e coa composición e competencias previstas na Lei 5/2004, do 8 de xullo, de cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia, e no Regulamento de réxime electoral das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia. A xunta electoral terá a súa sede no enderezo social da devandita cámara.

Terceiro. As candidaturas elixibles por sufraxio do electorado presentarán escrito no rexistro da cámara respectiva durante os quince días seguintes á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. O prazo rematará ás 24.00 horas do décimo quinto día, contado desde a devandita data.

Cuarto. No prazo dos quince días seguintes á data de publicación desta convocatoria de eleccións, as organizacións empresariais máis representativas presentarán ante a xunta electoral correspondente a lista das súas candidaturas.

Quinto. A elección dos vogais elixibles por sufraxio do electorado celebrarase para todos os grupos o 10 de novembro de 2015; os colexios electorais permanecerán abertos entre as 9.00 e as 21.00 horas.

Sexto. A elección dos vogais propostos polas organizacións empresarias terá lugar o 17 de decembro de 2015, na sede da Cámara entre as 13.00 e as 14.00 horas.

Sétimo. O número de colexios electorais e os lugares onde se van instalar establécense no anexo I desta resolución.

Oitavo. A Cámara debe enviar á xunta electoral correspondente, a proposta de lista de persoas electoras para ser designadas presidentes/as ou vogais da mesas electorais, conxuntamente coa lista das candidaturas presentadas e coa proposta de número de mesas electorais, no prazo que establece o artigo 39 do Regulamento de réxime electoral das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia, aprobado polo Decreto 431/2009, do 19 de novembro.

Noveno. As persoas electoras que prevexan que na data das eleccións non poderán comparecer nos colexios electorais poderán exercer o seu dereito ao voto emitíndoo por correo, logo da solicitude persoal á cámara respectiva, dentro dos vinte días seguintes ao da publicación desta convocatoria, segundo o modelo normalizado que figura no anexo II desta resolución e con suxeición aos requisitos e ao procedemento sinalados no artigo 36 da Lei 5/2004, do 8 de xullo e no capítulo VIII do título I do Regulamento de réxime electoral das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia.

Décimo. As papeletas e os sobres para o voto presencial ou por correo seguirán os modelos normalizados do anexo VII. Nas papeletas indicarase, no caso de persoas físicas, os apelidos e nome, e no caso de persoas xurídicas, a denominación social, das persoas candidatas ordenadas alfabeticamente, de forma que a persoa electora marcará cunha cruz o recadro da papeleta normalizada correspondente á(s)/ao(s) candidata(s)/o(s) da súa elección. As papeletas configuradas e impresas despois da proclamación de candidatos manterán a súa validez durante todo o proceso electoral.

Décimo primeiro. Cando o número de candidatos proclamados por un grupo resulte igual ao dos membros que se deba elixir, a súa proclamación equivalerá á elección e esta non terá que efectuarse.

Décimo segundo. Co fin de garantir o adecuado exercicio do voto achéganse os modelos normalizados segundo os anexos I a IX.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2015

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio

ANEXO I

Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Lugo:

– Colexio electoral único.

– Domicilio: r/ Cantigas e Flores, 31, 27002 Lugo.

– Demarcación: a correspondente á cámara.

missing image file
missing image file

ANEXO II-3

ELECCIÓNS 2015 CÁMARA OFICIAL DE COMERCIO, INDUSTRIA
E NAVEGACIÓN DE LUGO

CÁMARA OFICIAL DE COMERCIO, INDUSTRIA E NAVEGACIÓN DE LUGO

RENUNCIA DO VOTO EMITIDO POR CORREO DAS PERSOAS FÍSICAS

Don/a ………………………………………………………, con DNI ……………...........…, renuncio ao voto enviado por correo, para os efectos de poder votar persoalmente na mesa electoral correspondente, en virtude do artigo 34.2 do Decreto 431/2009, do 19 de novembro.

En ____________________________, o __________ de ___________ de 201

Asinado:

ANEXO II-4

ELECCIÓNS 2015 CÁMARA OFICIAL DE COMERCIO, INDUSTRIA
E NAVEGACIÓN DE LUGO

CÁMARA OFICIAL DE COMERCIO, INDUSTRIA E NAVEGACIÓN DE LUGO

RENUNCIA DO VOTO EMITIDO POR CORREO DAS PERSOAS XURÍDICAS

Don/a…………………………………………………………, con DNI..............……………, en representación de .........................................................................................................., con CIF ............................, renuncio ao voto enviado por correo, para os efectos de poder votar persoalmente na mesa electoral correspondente, en virtude do artigo 34.2 do Decreto 431/2009, do 19 de novembro.

En ____________________________, o __________ de ___________ de 201

Asinado:

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file