Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 14 de setembro de 2015 Páx. 36561

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 2 de setembro de 2015 pola que se modifica a autorización do centro privado Agarimo, do concello de Arteixo (A Coruña).

O representante da titularidade do centro privado Agarimo, do concello de Arteixo (A Coruña), solicita a autorización para impartir os ciclos de formación profesional básica de Agroxardinaría e composicións florais, Carpintaría e moble, e Reforma e mantemento de edificios.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar os ciclos de formación profesional básica de Agroxardinaría e composicións florais, Carpintaría e moble, e Reforma e mantemento de edificios, no centro privado que se sinala:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: Agarimo.

Código: 15020431.

Enderezo: r/ Padre Villa, 30. Laxobre.

Localidade: Arteixo.

Concello: Arteixo.

Provincia: A Coruña.

Titular: Asociación Agarimo.

Composición resultante:

a) Educación especial: 5 unidades (Psíquicos).

b) Ciclos de formación profesional básica:

– Agroxardinaría e composicións florais (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

– Carpintaría e moble (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

– Cociña e restauración (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

– Reforma e mantemento de edificios (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

– Servizos administrativos (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

c) Educación básica para persoas adultas:

– Ensinanzas básicas iniciais: nivel I e II.

– Educación secundaria para persoas adultas: nivel I e II.

Segundo. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria