Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 10 de setembro de 2015 Páx. 36405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento, en concreto, da utilidade pública da infraestrutura gasista consistente nunha estación de regulación e medida (ERM) MOP 16/4 e na extensión de rede en MOP 4 bar para subministración de gas natural ao núcleo urbano de Xove (Lugo), promovida pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2015/12-0).

Para os efectos previstos nos artigos 73 e 104 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, nos artigos 78 e 96 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, no artigo 1 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP) e nos artigos 18 da Lei de expropiación forzosa e 17 do seu regulamento, sométese ao trámite de información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento, en concreto, da utilidade pública da infraestrutura gasista consistente nunha estación de regulación e medida (ERM) MOP 16/4 e na extensión de rede en MOP 4 bar para subministración de gas natural ao núcleo urbano de Xove (Lugo), que promove a empresa Gas Galicia SDG, S.A. e que está declarada de utilidade pública polo artigo 103 da citada Lei 34/1998.

Peticionario:

Gas Galicia SDG, S.A., con CIF nº A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Antecedentes:

O 12.4.2012 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal de Xove (Lugo), que se publicou no Diario Oficial de Galicia (24.8.2012) e no Boletín Oficial da provincia (27.8.2012).

O 21.2.2013 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se aprobou o proxecto de execución da rede de distribución de gas natural no termo municipal de Xove (Lugo), promovido por Gas Galicia SDG, S.A. Segundo consta neste proxecto de execución, a subministración de gas natural adiantarase mediante unha planta de gas natural licuado (GNL) que se situará ao leste do núcleo urbano de Xove, desde a cal partirá a rede de distribución cara ao núcleo urbano de Xove, cunha lonxitude de 4.595 m.

O 23.7.2013 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se autorizou administrativamente e se aprobou o proxecto de execución da planta compacta de almacenamento e regasificación de gas natural líquido para subministración en Xove, promovido por Gas Galicia SDG, S.A. Segundo consta neste proxecto de execución, a subministración de gas natural realizarase desde unha planta de gas natural licuado (GNL) que se situará nunha parcela, no lugar de Tilleira, ao leste do núcleo urbano de Xove. A respecto desta infraestrutura gasista, o 18.5.2015 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se aceptou a renuncia de Gas Galicia SDG, S.A. á súa construción, porque a entrada en funcionamento do gasoduto de transporte básico da mariña lucense permitirá que se conecte a el a rede de distribución de gas natural da poboación de Xove.

Obxecto da petición:

O 4.6.2015 a empresa Gas Galicia SDG, S.A. presentou a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento, en concreto, da utilidade pública da infraestrutura gasista, cuxo proxecto leva por título «Estación de regulación e medida (ERM) MOP 16/4 e extensión de rede en MOP 14 bar para subministración de gas natural ao núcleo urbano de Xove (Lugo)».

Con esta infraestrutura gasista, a subministración de gas natural á rede de distribución do núcleo urbano de Xove, inicialmente proxectada desde unha planta satélite de GNL, pasará a realizarse desde o gasoduto de transporte básico da mariña lucense.

A autorización de instalacións que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 103 e 105 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados, necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

Descrición das instalacións:

O proxecto «Estación de regulación e medida (ERM) MOP 16/4 e extensión de rede en MOP 14 bar para subministración de gas natural ao núcleo urbano de Xove (Lugo)» recolle a instalación dunha estación de regulación e medida (ERM) para a subministración de gas natural á rede de distribución de Xove e a extensión de rede necesaria para levar o gas desde esta ERM ata o futuro punto de conexión coa rede existente no núcleo urbano.

As instalacións de gas obxecto deste proxecto resúmense nun total de 1.244 m de tubaxe de polietileno e aceiro de diferentes diámetros e o seu alcance resúmese nos seguintes puntos:

Instalación dunha ERM MOP 16/4 bar Q 1000 D, que se instalará no interior da posición 08 do gasoduto de transporte básico da mariña lucense.

Execución dunha extensión de rede en MOP 4 bar, desde a saída da ERM ata o punto de conexión coa rede de distribución existente en Xove, na rúa Real, e a extensión ata novos puntos de consumo.

Instalación de válvulas de corte para a regulación e control do fluxo de gas á entrada e saída da ERM.

Termo municipal afectado:

A solicitude afecta o termo municipal de Xove, na provincia de Lugo.

Orzamento:

O orzamento das instalacións ascende á cantidade de sesenta e seis mil seiscentos cincuenta e dous mil euros con trinta e dous céntimos (66.652,32 €).

Afección a predios particulares:

A afección a predios particulares derivada da execución do proxecto titulado «Estación de regulación e medida (ERM) MOP 16/4 e extensión de rede en MOP 14 bar para subministración de gas natural ao núcleo urbano de Xove (Lugo)», concrétase na seguinte forma:

A) Imposición de servidume permanente de paso de gas ao longo do trazado da condución, cunha largura de tres (3) metros, un e medio (1,5) a cada lado do eixo, por onde discorrerá soterrada a tubaxe e cable de comunicación e telemando que se requiran para a condución de gas. Esta servidume que se establece estará suxeita ás seguintes limitacións de dominio:

Prohibición de efectuar traballos de arada, cava ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos de tronco alto.

Prohibición de realizar calquera tipo de obras, construción, edificación, movemento de terras ou efectuar algún acto que rebaixe a cota do terreo ou poida danar ou perturbar o bo funcionamento das instalacións.

Libre acceso do persoal e equipamentos necesarios para a vixilancia e para manter, reparar ou renovar as instalacións, co pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

Posibilidade de instalar os fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como de realizar as obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para isto.

B) Contigua á zona de servidume permanente antes detallada existe unha zona de seguranza, definida na norma UNE 60.305.83 (que se adopta para as canalizacións de polietileno, de desenvolvemento posterior, por requirir a mesma protección que as tubaxes de aceiro), que se estende ata cinco (5) metros a cada lado do eixo da canalización, na cal a execución de escavacións ou obras pode representar un cambio nas condicións de seguranza da canalización e na que non se dan as limitacións anteriores nin se prohiben as obras incluídas como prohibidas na zona de servidume de paso, sempre que se informe previamente o titular da instalación para a adopción das accións oportunas que eviten os riscos potenciais para a canalización.

C) Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da franxa que se reflicte para cada parcela nos planos parcelarios de expropiación. Nesta zona farase desaparecer temporalmente todo obstáculo e realizaranse os traballos ou operacións necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados polo proxecto titulado «Estación de regulación e medida (ERM) MOP 16/4 e extensión de rede en MOP 14 bar para subministración de gas natural ao núcleo urbano de Xove (Lugo)», na relación que se insire como ANEXO a esta resolución, para que poidan examinalo nesta Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, e na Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo, e presentar nos ditos centros as alegacións que consideren oportunas no prazo de 20 días a partir do seguinte á publicación deste anuncio. Os planos parcelarios poderán ser igualmente consultados no Concello de Xove.

Faise constar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben cando, intentada a notificación, non se puidese realizar.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO
Relación de predios afectados polo proxecto «Estación de regulación e medida (ERM) MOP 16/4 e extensión de rede en MOP 14 bar para subministración de gas natural ao núcleo urbano de Xove (Lugo)»

Abreviaturas utilizadas: SP-Servidume permanente de paso; ml-metros lineares; OT-Ocupación temporal; POL-Polígono; PAR-Parcela

Termo municipal: Xove (Lugo)

Nº de predio

Titular e enderezo

Afección

Catastro

Lugar

Natureza

SP

OT

POL

PAR

ml

m2

m2

1

Gas Natural Transporte SDG, S.L.

R/ Baamonde Illade, 27, 27870 Xove (Lugo)

6,00

18,00

86,00

25

377

Figueiras

Monte baixo

2

Julián Arturo Vázquez González

Camiño Real, 12, 27870 Xove (Lugo)

12,00

36,00

96,00

25

376

Figueiras

Eucaliptal

3

Dolores Fernández Franco

Avda. Diputación, 80, 27870 Xove (Lugo)

18,00

54,00

144,00

25

375b

Figueiras

Monte alto

4

Dolores Fernández Franco

Avda. Diputación, 80, 27870 Xove (Lugo)

9,50

28,50

75,00

25

375a

Figueiras

Monte alto

5

Julián Arturo Vázquez González

Camiño Real, 12, 27870 Xove (Lugo)

20,00

60,00

160,00

25

372

Figueiras

Eucaliptal

6

Hros. de Gabino Guerreiro Cociña (Rpte: Juan Manuel Guerreiro Vázquez)

Camiño de Adragonte, A-9, 27870 Xove (Lugo)

122,00

397,00

397,00

25

366

Figueiras

Eucaliptal

7

Jesús Martínez Basanta

Avda. Diputación, 69, 2º B, 27870 Xove (Lugo)

62,00

217,00

217,00

25

4

Condomiñas

Eucaliptal

8

Emilia Pena Álvarez

Pumariño, 10 (Casa da Arca), 27870 Xove (Lugo)

63,00

35,00

35,00

25

5

Figueiras

Eucaliptal

9

José López Canoura

R/ Generosa Villalba, 21, 27870 Xove (Lugo)

92,00

276,00

276,00

25

6

Figueiras Chousón

Eucaliptal

10

Mª Pilar Pena Trasancos

Avda. Diputación, 36, 27870 Xove (Lugo)

54,00

33,00

33,00

25

5

Figueiras

Eucaliptal