Coa data do 6 de agosto de 2015, a xefa territorial da Coruña da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2015217TA-CO, incoado a Catia Regina dos Santos Ribeiro.
Unha vez intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao non ser posible efectuala, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Catia Regina dos Santos Ribeiro o contido dese acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro).
A Coruña, 17 de agosto de 2015
P.A. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: 2015217TA-CO.
Interesada: Catia Regina dos Santos Ribeiro (Café Bar San Jorge).
DNI/NIF/CIF: X3293252H.
Último enderezo coñecido: Ramón Cabanillas, 9-3º D, 15007 A Coruña.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro: artigo 7.u), artigo 19.3.b).
Tipificación provisional: grave.
Sanción proposta: 601 €.