Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 10 de setembro de 2015 Páx. 36418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 17 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2015095AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 6 de agosto de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2015095AL-CO, incoado a Juan Manuel Eiroa Martínez.

Unha vez intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao non ser posible efectuala, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Juan Manuel Eiroa Martínez o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da Xefatura Territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 17 de agosto de 2015

P.A. (Artigo 19.3 Decreto 41/2013, do 21 de febreiro)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2015095AL-CO.

Interesado: Juan Manuel Eiroa Martínez (Pub Locura).

DNI/NIF/CIF: 76324787T.

Derradeiro enderezo coñecido: lugar de Lume, 5, Castro, 15147 Coristanco.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DO nº 139, do 30 de abril; rectif. DO nº 204, do 4 agosto de 2007): capítulo XII: 1) e 2).

Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo): artigo 51: 1.11.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 90 €.