Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 9 de setembro de 2015 Páx. 36332

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 20 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai publico o informe de impacto ambiental sobre a modificación de melloras no abastecemento das parroquias da Lama e Antas, no concello da Lama, promovido por Augas de Galicia (clave 2015/0133).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 17 de agosto de 2015 relativo a modificación de melloras no abastecemento das parroquias da Lama e Antas, no concello da Lama, promovido por Augas de Galicia (clave 2015/0133).

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental