Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 9 de setembro de 2015 Páx. 36333

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 24 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se dá publicidade á resolución pola que se formula a declaración de impacto ambiental e se outorga a autorización ambiental integrada a Severino Bello Fuentes y Otros, S.C., para unha explotación porcina de ceba de porcos e a súa ampliación, no lugar da Boullosa, concello de Baltar (Ourense) (número de rexistro 2014-IPPC-119-285).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e co artigo 23.3 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, dáse publicidade á Resolución do 10.8.2015 pola que se formula a declaración de impacto ambiental e se outorga a autorización ambiental integrada a Severino Bello Fuentes y Otros, S.C., para unha explotación porcina de ceba de porcos e a súa ampliación, no lugar da Boullosa, concello de Baltar (Ourense).

Esta resolución pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada

E/ou nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental