Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 9 de setembro de 2015 Páx. 36331

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 20 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de limpeza e acondicionamento dos encoros do Cabaneiro e das Maciñeiras (OH.115.1040), no concello de Cariño (A Coruña), promovido por Augas de Galicia (clave 2014/0037).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 8 de setembro de 2014, relativo ao proxecto de limpeza e acondicionamento dos encoros do Cabaneiro e das Maciñeiras (OH.115.1040), no concello de Cariño (A Coruña), promovido por Augas de Galicia (clave 2014/0037).

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos

E nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental