Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 8 de setembro de 2015 Páx. 36228

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (768/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 768/2011 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Daniel Omar Rilo Bonseiro contra Impresiones Eurocolor, S.L., Soloprint Artes Gráficas, S.L., foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Que estimo integramente a demanda interposta por Daniel Omar Rilo Bonseiro contra Impresiones Eurocolor, S.L. e Soloprint Artes Gráficas, S.L. e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento do demandante e condeno, conxunta e solidariamente, as demandadas a optaren, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, ou ben por readmitir o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento ou ben pola extinción da relación contractual con aboamento dunha indemnización de 2.539,88 euros, en ambos os dous casos con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento (10.10.2011) ata a sentenza (1.341 días) polo importe de 90.825,93 euros, así como os que se produzan ata a notificación de sentenza, a razón de 67,73 euros por día.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se interporá ante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da presente notificación segundo establece o art. 189 da Lei de procedemento laboral».

E para que sirva de notificación en legal forma a Impresiones Eurocolor, S.L., Soloprint Artes Gráficas, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2015

A secretaria xudicial