Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 8 de setembro de 2015 Páx. 36229

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 4 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente ANP-OU-17/2015-V e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, 1ª planta (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 4 de agosto de 2015

P.S. (Resolución do 21.7.2015)
Juan José Gómez Fernández
Xefe do Servizo de Conservación da Natureza de Ourense

ANEXO

Expediente: ANP-OU-17/2015-V.

Interesado: Bruno Durán Torres.

Acto de notificación: acordo de incoación de procedemento sancionador.

Expediente: CAZ-OU-103/2015-V.

Interesado: Antonio González Mosquera.

Acto de notificación: proposta de resolución de procedemento sancionador.

Expediente: CAZ-OU-176/2015-V.

Interesado: Manuel Celestino Casal Barros.

Acto de notificación: proposta de resolución de procedemento sancionador.

Expediente: PES-OU-50/2015-V.

Interesado: José Antonio Pulgarín Sobrino.

Acto de notificación: resolución de procedemento sancionador.